Temos moito conto!: Retransmisión radiofónica de "Los favoritos del Sultán"

Dec 23, 2015, 11:43 AM

As Bibliotecas de Redondela en colaboración con Radio Redondela conmemoran o centenario do pasamento do editor Saturnino Calleja (1915-2015) cunha retransmisión extraordinaria, nestas datas de Nadal, de tres dos seus contos: Los favoritos del Sultán, Las tres preguntas e El acertijo , que se emitirán no programa matinal A Estación os días 23 e 30 de decembro e 7 de xaneiro.