Antón Varela, de Os Cempes en Voces de Galicia

Nov 14, 2011, 08:34 PM

Antón Varela, di estar emocionado porque non esperaban ser recibidos deste xeito no seu retorno, e nos tamen o estamos. Os Cempes voltan a escena tras un parón de 4 anos, e voltan para quedarse e celebrar este ano o 20 aniversario da primeira actuación. Mais, este retorno de Cempes ven unido a unha novedosa proposta que lanzaron fai dez días a todos os seguidores do grupo, os que convidaron a financiar a gravación: ser mecenas do novo disco de Os Cempés coa Escola Livre da MPG. Para grabar o disco precisaban 5.500 € que esperaban lograr en 40 días. Pero transcurridos 10 xa levan conseguidos 6.910 aportados a hora de escribir esto por 191 mecenas descoñecidos. As aportación van desde un mínimo de 5 euros a os 1.200 da máxima aportación permitida. Increible ¿non?

O micromecenazgo, o financiamento en masa ou “crowdfunding” é un sistema no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas segundo as súas posibilidades, e optan a diferentes recompensas.