Miguel Túñez, profesor na Facultade de Ciencias da Información da USC e Manuel González, Pte. Asociación da Prensa da Coruña

Dec 06, 2011, 06:45 PM

#gratisnotrabajo. Hoxe falamos das condicións de traballo dos xornalistas a raíz da denuncia dunha profesional á que lle ofreceron 0.75 euros por artigo, Creouse o hashtag #gratisnotrabajo en la red social Twitter. Onte luns o colexio de xornalistas presentou un informe sobre a profesión, coordinado polo profesor Miguel Túñez. O informe aporta datos como que un de cada cinco xornalistas galegos, o 19,02%, está actualmente no paro, unha cifra que se eleva ao 32% dos licenciados das dez últimas promocións. Ademais, un 5,75% dos novos licenciados -a maioria profesionais que non chegan os 35 anos- non gañan máis de 600 euros brutos o mes.